29.Nov.2014 O sector da dobraxe e a normalización do galego

pontom

(http://www.anaponton.enblogue.org/)

BNG mantivo ao longo das últimas semanas encontros co sector da dobraxe na Galiza. Por primeira vez en tres décadas todo o sector coincide na situación crítica na que se atopa, en proceso claro de desmantelamentopor uns recortes selectivos que axfisian todo o que ten a ver co proceso de normalización lingüística. Estamos falando de catrocentos empregos e de profesionais que nos permiten que soñar e escoitar en galego.

Deixoche os videos por se tes interese no debate.

13.Mar.2014 Aclaración ao respeito do noso convenio

Dada a recente constancia de certas “informacións” das que esta asociación tivo coñecemento a través dos seus socios relativas á unha suposta “caducidade do colectivo da dobraxe na comunidade galega”, APRADOGA quere reiterar aos seus asociados e ás empresas para as que estes traballan a situación actual do noso marco regulatorio. Aínda que xa se mandou un comunicado con idénticos fundamentos xurídicos a primeiros de xullo do ano pasado, compre, reiteralos case un ano despois e manifestar:

Primeiro, o convenio denunciado no 2006 contén unha cláusula de ultraactivade indefinida que di “[…] En calquera dos casos, o convenio seguirá en vigor en toda a súa amplitude mentres non sexa substituído por outra redacción definitiva.” (artigo 3, último parágrafo).

Segundo, é aplicable, por remisión da Disposición Transitoria 4ª da Lei 3/2012 de 6 de xullo ao artigo 86.3 do Estatuto dos Traballadores na súa última redacción dada pola devandita lei, o disposto no parágrafo cuarto do citado artigo 86.3  que establece que “[…] Transcurrido un año desde la denuncia del convenio colectivo sin que se haya acordado un nuevo convenio o dictado un laudo arbitral, aquél perderá, salvo pacto en contrario, vigencia y se aplicará si lo hubiere, el convenio colectivo de ámbito superior que fuera de aplicación.”

Entendemos, por tanto:

Que o noso convenio segue e seguirá en vigor en tanto non se acade a renovación convencional actualmente en proceso de negociación, non sendo de aplicación o prazo de caducidade que establece a “Ley 3/2012, de 6 de julio, de medidas urgentes para la reforma del mercado laboral”.

Esta interpretación que hai un ano APRADOGA baseaba na mellor doutrina xurídica viuse ratificada nas resolucións dos diversos tribunais laborais que, no exercicio da súa función normalizadora do ordenamento xurídico, foron incorporando tal liña interpretativa nas sentenzas dos procesos de conflito colectivo sustanciados dende a entrada en vigor da Lei 3/2012. Se cadra a máis relevante das resolucións ao respecto, e a máis importante por ser a primeira e pola entidade do órgano dictaminador, sexa a Sentenza 149/2013 da Audiencia Nacional de 23 de xullo, na que con claridade meridiana declara como válidas as cláusulas sobre vixencia da ultraactividade contidas nos convenios colectivos anteriores á Lei 3/2012, recoñecendo que tales convenios seguen sendo vinculantes aínda que transcorra o ano ao que se refire a Disposición Transitoria 4ª desa lei. Pero outras moitas poderían terse citado que recollen a mesma tese. So a título de exemplo cabe citar as seguintes sentenzas: 950/2013-CB do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Madrid de 18 de novembro, a 1030/2013 do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Murcia de 28 de outubro, a 403/2013 do Xulgado do Social n.º 4 de Santander de 11 de novembro, a 349/20135 do Xulgado do Social n.º 7 de Bilbao de 8 de outubro, ou a 445/2013 do Xulgado do Social n.º5 de Vigo de 29 de agosto.

E terceiro, APRADOGA ten como primeiro e fundacional mandato estatutario a defensa da legalidade no sector, polo tanto, e  –en cumprimento do mesmo– fomentará todas cantas accións en defensa da mesma se leven a cabo, ben individualmente asistindo aos seus socios, ben colectivamente apoiando aos axentes sociais e organizacións cos que, de sempre, ven colaborando asiduamente.

19.Ago.2011 Eleita nova Xunta Directiva de APRADOGA

Despois da demisión en xuño da anterior directiva da Asociación, e tal como quedara comprometido, en reunión celebrada o 29 de xuño de 2011 procedeuse á elección da nova Xunta Directiva e despois de celebrada e levantada a acta correspondente, decidiuse que:

1.- A Xunta Directiva de APRADOGA queda constituída do seguinte xeito:

Presidente:  Andrés Bellas Carballo

Vicepresidente: Carlos Jiménez Díaz

Secretaria: Mª del Mar Liaño Español

Tesoureiro:  Gaspar González Somoza

Vogais:

César Cambeiro Quintela

Santiago Cortegoso Calvar 

Procédese desde entón á  comunicación cos organismos e asociacións relacionadas coa profesión, asemade dos medios de comunicación para dar conta deste feito e das distintas labouras que temos previsto efectuar a partir de agora.

30.Nov.2009 Galería fotográfica da 1ª Xornada Dobraxe e Idioma: 25 anos de normalización lingüística

_DSC0037Inaguración da Xornada

_DSC0052Algúns e algunhas participantes na Xornada

Máis fotografías na galería de imaxes [+]

  • logotipo-final
  • APRADOGA é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, da que forman parte actores, directores e axustadores-adaptadores de texto, que desenvolven a súa actividade laboral no sector da dobraxe en Galicia

  • bannermovil

    Ana Lemos, a voz de Shin Chan en galego, canta acompañada á pandeireta por Tere Santamaría.
  • Menú