:: Contactar

APRADOGA

Sede Social : Rua de Boán nº 50. Vigo.

Correo-e: apradoga@gmail.com

Teléfono: 670 439 449

CIF: G36976165
 

Como facerse sóci@?

(Artigo nº 13 dos Estatutos de APRADOGA)

a) O interesado deberá formaliza-la súa solicitude por escrito dirixido á Xunta Directiva; esta deberá resolver nun prazo non superior a un mes a contar a partir do seguinte ó da presentación do escrito de solicitude, comunicándolle a resolución ó solicitante por carta no seu domicilio ou por correo ó seu enderezo electrónico.

Transcorrido dito prazo sen resolución expresa por parte da Xunta Directiva, entenderase denegada a admisión.

As resolucións da Xunta Directiva en materia de Admisión e Baixa serán ratificadas pola Asemblea Xeral tal como se recolle nos puntos g) e h) do Artigo 25 destes Estatutos.

b) Denegada a admisión, o solicitante poderá recorrer no prazo dun mes a contar desde a súa notificación ou da fin do prazo. Dito recurso dirixirase á Asemblea Xeral que o resolverá, na primeira que se realice, por medio de votación secreta. É preceptiva en ámbolos dous casos a audiencia previa do interesado.

c) O acordo de admisión tamén poderá ser impugnado, por Asociados que representen como mínimo o 25% dos mesmos, no prazo máximo de un mes desde a comunicación do acordo á Asemblea Xeral, presentándolle á Xunta Directiva escrito no que figuren os seus nomes e sinaturas; esta resolverá no prazo máximo de un mes. Tamén se poderá presentar este escrito ante a Asemblea Xeral, no mesmo prazo de un mes e esta deberá resolve-la impugnación, por votación secreta, na primeira que se realice. En ámbolos dous casos cómpre a audiencia previa do interesado.

 Ata que non estea transcorrido o prazo para recorrer, ou ata que resolva a Asemblea Xeral, quedará en suspenso o acordo de admisión.

:: Descarga ficha de solicitude de alta [doc]

  • logotipo-final
  • APRADOGA é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, da que forman parte actores, directores e axustadores-adaptadores de texto, que desenvolven a súa actividade laboral no sector da dobraxe en Galicia

  • bannermovil

    Ana Lemos, a voz de Shin Chan en galego, canta acompañada á pandeireta por Tere Santamaría.
  • Menú