:: Quen somos?
Algúns membros de APRADOGA o dia da presentación da asociación en Vigo o 28 de Xuño de 2006
Na asociación APRADOGA integrámonos profesionais da dobraxe con experiencia e dedicación a esta actividade.
Os seus membros somos ademais, traballadores concienciados sobre os diferentes problemas que afectan o entorno laboral onde a nosa ocupación se desenvolve: amosamos un respecto absoluto e irrenunciable pola legalidade vixente no sector.
Desde APRADOGA pretendemos promover cantas actividades contribúan a mellorar a nosa cualificación como profesionais, xa que estamos determinados a conseguir un futuro dentro da nosa profesión e a ter unha profesión con futuro.
Para levar adiante esta arela, impulsaremos a consecución do noso recoñecemento como colectivo profesional que cumpre unha función social prioritaria, xa que unha dobraxe de calidade contribúe de xeito imprescindible á defensa, apoio e normalización do idioma galego.
Un momento da presentación ós medios de comunicación